Faite socio de AFAL. Elixe cal é a fórmula que mellor se adapta á túa situación ou desexos e ponche en contacto connosco a través do seguinte formulario. A nosa resposta está garantida.
-Socio numerario: son aquelas persoas que teñen un familiar afectado pola enfermidade. Descargar formulario.
-Socio colaborador: poderá selo calquera persoa que coopere coa asociación, a súa actividade e fins, realizando unha achega económica en forma de cota (10, 20, 30… euros ao ano). Descargar formulario.
Lembrarche que a túa contribución, como socio, leva consigo unha dedución na declaración da renda ou imposto de sociedades. Ademais, os últimos cambios fiscais aumentaron de forma notable esa dedución. Así, se realizas unha achega de ata 150 euros, a dedución pode chegar ao 80% en 2016. Por poñerche un exemplo, se subscribes unha cota de socio de 100 euros, pagas 20, xa que ao facer a declaración da renda recupérase o resto.
Convenios de colaboración con empresas amigas:
Beneficios para socios/as. Consulta aquí