Moitas familias non dispoñen de medios de transporte, económicos ou dispoñibilidade horaria para realizar un traslado diario dos potenciais usuarios ata a sede da Asociación que lle garantan un respiro familiar, a pesar da evidente necesidade de estimulación cognitiva observada nos seus familiares.
Con estes servizos preténdese realizar unha descentralización da entidade, ofrecendo talleres en diferentes puntos do ámbito de actuación da Asociación (Comarca de Ferrolterra) que acheguen a intervención a nivel cognitivo e funcional a un número maior de beneficiarios.
Serán beneficiarios dos servizos aquelas persoas que teñan un diagnóstico de deterioración cognitiva ou demencia en fase leve ou moderado. Os grupos de intervención non superan os 10 usuarios ofrecendo unha intervención variada:
- Taller de Psicoestimulación Cognitiva
- Taller de Reminiscencia
- Psicomotricidade
- Musicoterapia
- Actividades de Lecer e Tempo Libre
Obxectivos Xerais:
- Estimular as capacidades cognitivas residuais en usuarios con demencia atrasando así a deterioración cognitiva e mellorar a calidade de vida.
- Dotar das estratexias necesarias para paliar os efectos no funcionamento da súa vida diaria aumentando a súa autonomía persoal.
- Mellorar as habilidades sociais a través da participación en actividades grupais aumentando a socialización e evitando o illamento social.
Obxectivos específicos:
- Ofrecer estimulación cognitiva ás persoas con Alzheimer ou outras demencias
- Estimular a motricidade fina e grosa
- Mellorar a autoestima e o estado de ánimo.
- Favorecer o respiro familiar
- Dotar aos coidadores de coñecementos, estratexias e habilidades que lles axuden a soportar o arduo proceso de coidar, fomentar hábitos de autocuidado, proporcionar oportunidades de intercambio de coñecementos e de apoio entre coidadores.