AFAL Ferrolterra ofrece asesoramento e información ás familias sobre a rede de servizos e prestacións sociais das que poden ser beneficiarios, sen supoñer ningún custo adicional. Este conxunto de servizos está integrado principalmente polo catálogo de prestacións ofrecidas polo Servizo de Atención á Dependencia, ampliándose mesmo ata axudas de tipo puntual e periódico para a adaptación funcional do fogar ou os beneficios do grao de discapacidade ou dependencia, entre outros.
Ademais, o equipo de profesionais de AFAL Ferrolterra está ao dispor das familias para explicarlles todos e cada un dos detalles da tramitación para realizar, un proceso que en moitos casos pode resultar complicado e confuso.
Para acollerse a este servizo, tan só é necesario poñerse en contacto connosco e concertar unha reunión. Podes facelo acudindo á nosa sede –na rúa Río Castro, 43-45, baixo Ferrol- ou ben chamándonos por teléfono -981 37 06 92-.